Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Manifestación o venres en Pontevedra polo futuro de Ence

    O venres, día 16 de xullo, unha manifestación percorrerá Pontevedra para defender a continuidade de Ence en Lourizán. A marcha partirá ás 20 horas da rúa Rafael Areses, diante da Policía Local.

    14/07/2021.
    Protesta de traballadores de ENCE-Pontevedra diante da Delegación do Goberno na Coruña (19-2-2021)

    Protesta de traballadores de ENCE-Pontevedra diante da Delegación do Goberno na Coruña (19-2-2021)

    Segundo o comité de empresa da fábrica, a desaparición de Ence en Lourizán afectaría tanto aos traballadores e traballadoras da planta como das empresas auxiliares, transportistas, empresas de subministracións e persoal do sector forestal.

    As repercusións atanguerían, tamén, a todo o sector dos servizos da comarca de Pontevedra: hostalaría, comercio, actividades profesionais de xestión, empresas de lecer, etc. A perda desta actividade económica provocaría unha profunda crise, coa perda de miles de postos de traballo directos e indirectos.

    Desde o comité conclúen que a actividade industrial é sostible e, polo tanto, a súa riqueza é «perfectamente compatible» co respecto e o coidado do medio ambiente, así como coas actividades relacionadas co mar.