Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento de Santiago Bengoa, ex secretario xeral de CCOO de Euskadi

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento do sindicalista vasco Santiago Bengoa, secretario xeral de CCOO de Euskadi entre os anos 1988 e 2000.

    13/07/2021.
    Santiago Bengoa liderando a manifestación del primeiro de maio no ano 1989 | Foto: CCOO.eus

    Santiago Bengoa liderando a manifestación del primeiro de maio no ano 1989 | Foto: CCOO.eus

    Santiago Bengoa (Olaeta, 1955) significouse desde mozo na loita polas liberdades políticas e en defensa da clase obreira. Traballador do metal, padeceu de preto a represión franquista polas múltiples detencións que sufriu; pero tamén, como parte do seu compromiso, recollendo testemuños gráficos da matanza na igrexa de San Francisco de Asís, en Vitoria, tiroteada pola policía franquista.

    En 1976 participou nun dos fitos da historia das CCOO: a asemblea de Barcelona do 11 de xullo, da que acaban de cumprirse 45 anos.

    Desde as CCOO de Euskadi salientan que Santiago Bengoa, durante o tempo que tivo responsabilidades de dirección, traballou para remarcar o valor da autonomía do sindicato e entender a organización como unha ferramenta útil para a clase traballadora.