Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO impugnará a comisión negociadora do ERTE de Barreras se non se axusta a dereito

    O luns rematou sen acordo a reunión do comité de empresa para designar a comisión negociadora do ERTE dos estaleiros H. J. Barreras.

    12/07/2021.
    Asemblea de traballadores nos estaleiros H. J. Barreras

    Asemblea de traballadores nos estaleiros H. J. Barreras

    CCOO propuxo que a comisión estivese conformada por todos os delegados e delegadas de persoal que cada sección sindical ten no comité, máis os delegados sindicais dos tres sindicatos. En total, once persoas, coa posibilidade de que cada organización dispoña do asesoramento externo que considere oportuno. A normativa prevé, con carácter extraordinario, que as comisións poidan estar integradas por ata trece membros por cada unha das partes. 

    A proposta de CCOO foi apoiada pola representación da CIG. Non obstante, a UGT propuxo unha comisión negociadora de cinco persoas: tres pola UGT, unha por CCOO e outra pola CIG. Ao tempo, rexeitou a posibilidade dun asesoramento sindical externo. 

    Con estas posturas encontradas, a reunión rematou sen acordo. CCOO pediu que constase na acta o seu rexeitamento á proposta da UGT, por entender que vai en detrimento dos dereitos de representación. Advertiu, así mesmo, da posibilidade de trasladar os feitos á autoridade laboral se a constitución da comisión non se axusta á legalidade vixente.

    Asemblea

    Tras a reunión do comité tivo lugar unha asemblea co persoal do estaleiro, onde interveu un delegado da CIG despedido que explicou a súa situación. CCOO amosoulle o seu apoio e pide a súa readmisión.