Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O comité da planta de residuos de Serra do Barbanza reuniuse co presidente da Mancomunidade para pedir certezas sobre o futuro

    Membros do comité de FCC, empresa concesionaria da planta de residuos de Lousame, reuníronse este venres co alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido. O rexedor carnotán asumiu o pasado mes de xuño a presidencia da Mancomunidade da Serra do Barbanza, propietaria dunhas instalacións que empregan aproximadamente a 140 persoas.

    09/07/2021.
    Membros do comité de FCC ao remate da reunión

    Membros do comité de FCC ao remate da reunión

    Os representantes dos traballadores e das traballadoras transmitíronlle a Saborido a súa preocupación ante informacións coñecidas nas últimas semanas, que apuntaban a un posible cambio no modelo de xestión, polo seu impacto no emprego.

    Segundo CCOO do Hábitat, Saborido comprometeuse a manter «contacto directo» coa representación legal do persoal da planta para facerlle chegar de primeira man calquera novidade que se produza, se ben evitou afondar en cuestións concretas porque leva poucos días á fronte da Mancomunidade.

    Pola súa parte, desde o comité pedíronlle a Saborido que se liciten «canto antes» os novos pregos de contratación do servizo e que neles «se especifique con claridade que a planta continuará a traballar co actual modelo de xestión de residuos, desbotando opcións que incluso contan coa reprobación de Europa».