Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO chama a participar nas concentracións de repulsa polo asasinato homófobo da Coruña

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia súmase ás concentracións convocadas en toda Galicia en repulsa polo asasinato de Samuel, un mozo coruñés que perdeu a vida na madrugada do sábado a mans de varias persoas que o agrediron ata a morte. Un crime, segundo o movemento LGTBI galego, motivado pola homofobia dos atacantes. Hai previstos máis de medio cento de actos de protesta por toda a xeografía galega.

    05/07/2021.
    Cartel anunciador das convocatorias deste luns

    Cartel anunciador das convocatorias deste luns

    CCOO rexeita e condena calquera tipo de discriminación e de violencia LGTBIfóbica e lembra que, entre outras iniciativas, xa propuxo a posta en marcha en todas as Administracións dun servizo de atención ás persoas que padezan este tipo de persecución. Tamén, avoga pola intervención no ámbito educativo e pola posta en práctica de cantas medidas cumpran para a atención integral de persoas LGTBI+ de especial vulnerabilidade.