Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O persoal de Teleperformance intensificará as protestas para defender os seus dereitos

    Este mediodía houbo unha nova concentración diante das instalacións de Teleperformance na Coruña. Segundo os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CGT, a empresa do sector de centros de chamadas segue incumprindo os compromisos cos seus oitocentos traballadores e traballadoras.

    23/06/2021.
    Protesta diante do centro de traballo de Teleperformance na Coruña (23/6/2021)

    Protesta diante do centro de traballo de Teleperformance na Coruña (23/6/2021)

    O comité denuncia que a empresa «fai o xordo» ás reivindicacións, polo que a vindeira semana se intensificarán as protestas, con paros parciais a partir do luns, 28 de xuño.

    Os sindicatos denuncian continuos problemas no cómputo do rexistro da xornada —que se traducen en descontos nas nóminas—, a formación insuficiente e sen apoio, a implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa —e que presenta deficiencias—, a falta de información á representación legal do persoal ou a negativa de Teleperformance a compensar de maneira xusta os gastos do teletraballo durante a pandemia.