Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Éxito de participación na folga de Caixabank, cun paro case total

  • Pecharon practicamente todas as oficinas da entidade en Galicia

A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.

22/06/2021.
Concentración na Coruña contra o ERE en Caixabank, durante a folga na entidade (22/6/2021)

Concentración na Coruña contra o ERE en Caixabank, durante a folga na entidade (22/6/2021)

Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».

Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.