Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

CCOO asina o novo convenio do ensino concertado

    Logo do asinamento do preacordo o pasado mes de abril, CCOO acaba de asinar o o VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. O novo texto recolle algunhas das demandas expostas por CCOO na súa plataforma reivindicativa, así como os acordos sobre rexistro de xornada e saídas subscritos no seu momento. As melloras introducidas permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.

    22/06/2021.
    Foto: Pixabay

    Foto: Pixabay

    Entre as principais melloras cabe salientar a recuperación da ultraactividade, de xeito que o convenio permanecerá vixente ata que as partes alcancen un novo acordo que o substitúa; unha excedencia para as vítimas de violencia de xénero, cunha duración de entre tres meses e un ano e reserva do posto de traballo; redución progresiva da xornada d opersoal de administración e servizos xerais (PAS), para quedar en 1570 horas ao ano en 2024; e incrementos salariais do 2% para o 2020 e do 0,9% para o 2021.

    Canto ao persoal docente, terá a posibilidade de negociar sexenios no ámbito autonómico, así como de reducir a xornada nunha hora lectiva para o persoal maior de 58 anos; no caso de acceso a posto público, cando o persoal docente acceda a posto de interino, o prazo de aviso previo do persoal docente quedará establecido en 15 días no canto dos 30 días actuais —no caso de acceso á función pública, mantéñense os 7 días de aviso previo.

    O novo convenio mellora tamén os permisos e licenzas por matrimonio, defunción, hospitalización e consultas médicas ou asistencia a titorías de fillas e fillos.

    Así mesmo, crearanse comisións de traballo nas que se abordarán cuestións tan importantes como a xornada do persoal docente, a desconexión dixital ou o teletraballo, entre outras, e nas que CCOO seguirá defendendo as súas propostas coa intención de poder incorporar no convenio as reivindicacións históricas do sector.