Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Gañada a demanda de CCOO e outros sindicatos contra Paradores, que deberá compensar o seu persoal

  • O sindicato insta a empresa a acatar xa a sentenza, que ten carácter executivo, para non dilatar a solución e non incrementar tampouco o custo para as arcas públicas

22/06/2021.
Parador de Baiona | Foto: Google S. View

Parador de Baiona | Foto: Google S. View

A sentenza, que ten carácter executivo, obriga a Paradores a aboar a prima de produción —atendendo á percibida por cada traballador ou traballadora no mes de marzo do 2020—. No referente ao complemento de manutención, deberase aboar conforme ao valor económico fixado nas táboas salariais do convenio.

Canto ao complemento de nocturnidade, aboarase cunha recarga do 25 % do salario base para quen, durante o período entre o 14 de abril e o 24 de xuño do 2020, tivo que prestar servizos entre as 22:00 e as 06:00 horas —conforme as quendas horarias mensuais establecidas—. Por último, o complemento de quenda partida pagarase segundo o valor fixado nas táboas salariais —novamente, para o persoal que así o fixo entre o 14 de abri le o 24 de xuño.

Desde a Federación de Servizos de CCOO instan a Paradores a acatar xa a sentenza —só cabe recurso de casación perante o Tribunal Supremo— para non dilatar máis a solución nin aumentar o custo para o erario, xa que se trata dunha empresa pública «e o diñeiro dos recursos sae dos petos de todas e todos nós.