Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

22 de xuño: xornada de folga e mobilización contra o ERE en Caixabank

    Comisións Obreiras (CCOO) e outros sindicatos convocan o persoal de Caixabank en todo o Estado a unha xornada de folga e mobilización contra o «ERE salvaxe» que pretende acometer a entidade bancaria. En Galicia haberá concentracións de hora e media na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

    21/06/2021.
    Fachada dunha sucursal de Caixabank | Foto: caixabank.com

    Fachada dunha sucursal de Caixabank | Foto: caixabank.com

    Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».

    Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.

    Concentracións en Galicia (10:30 a 12:00)

    — A Coruña: Obelisco

    — Lugo: Subdelegación do Goberno

    — Ourense: Subdelegación do Goberno

    — Vigo: museo MARCO