Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Asinado o primeiro plan de igualdade de Pescanova España

    CCOO e UGT asinaron este luns o primeiro plan de igualdade de Pescanova España, polo que a empresa se compromete a impulsar políticas e accións que contribúan a crear condicións e estruturas sociais para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva.

    15/06/2021.
    Asinado o primeiro plan de igualdade no Grupo Nueva Pescanova

    Asinado o primeiro plan de igualdade no Grupo Nueva Pescanova

    Desde a Federación de Industria de CCOO sinalan que a creación do plan estaba recollida no plan estratéxico da compañía. Ten como obxectivo dar cabo dos obstáculos que impiden lograr unha igualdade de trato e de oportunidades ás mulleres e homes.

    Isto significa igualdade de aptitudes, coñecementos e cualificación para desempeñar as súas tarefas, sen que o xénero «represente impedimento para un correcto e completo desenvolvemento da vida profesional», sinala o documento.

    O plan de igualdade terá unha vixencia de catro anos e prevé 53 medidas concretas en dez áreas de actuación: promoción; formación; retribución; conciliación e corresponsabilidade; infrarrepresentación; acoso laboral, sexual, por razón de sexo e/ou discriminatorio; violencia de xénero; cultura de empresa, comunicación e sensibilización; prevención e saúde laboral.