Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Continúan as protestas do persoal de Teleperformance na Coruña en defensa dos seus dereitos

    Este mediodía houbo unha nova concentración diante das instalacións de Teleperformance na Coruña. Segundo os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CGT, a empresa do sector de centros de chamadas segue incumprindo os compromisos cos seus oitocentos traballadores e traballadoras.

    11/06/2021.
    Concentración diante de Teleperformance, na Coruña (11/6/2021)

    Concentración diante de Teleperformance, na Coruña (11/6/2021)

    O comité denuncia que a empresa «fai o xordo» ás reivindicacións, polo que haberá novas protestas o vindeiro 23 de xuño e, a partir do 28, paros parciais.

    Os sindicatos denuncian continuos problemas no cómputo do rexistro da xornada —que se traducen en descontos nas nóminas—, a formación insuficiente e sen apoio, a implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa —e que presenta deficiencias—, a falta de información á representación legal do persoal ou a negativa de Teleperformance a compensar de maneira xusta os gastos do teletraballo durante a pandemia.