Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Industrias Losán

    Comisións Obreiras (CCOO) volveu gañar as eleccións sindicais en Industrias Losán, fábrica do sector da madeira situada no concello coruñés de Curtis. Deste xeito, o noso delegado Eduardo José da Silva consolídase, elección tras elección, como o referente sindical na empresa.

    11/06/2021.
    Exterior de Industrias Losán, empresa do sector da madeira con sede en Curtis | Foto: Google

    Exterior de Industrias Losán, empresa do sector da madeira con sede en Curtis | Foto: Google

    CCOO, que unicamente presentou candidatura no colexio de especialistas, conseguiu dous delegados e foi a lista máis votada. No mesmo colexio conseguiron un único delegado a CIG e a UGT. No colexio de técnicos só presentou lista a UGT, que logrou un delegado.