Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Acordo estatal no ERE de BBVA que reduce en 863 as persoas afectadas

    CCOO e UGT chegaron a un acordo estatal na negociación do ERE do BBVA que vai permitir reducir en 863 as persoas afectadas polo expediente de regulación de emprego.

    09/06/2021.
    Concentración na Coruña contra o ERE do BBVA (19/5/2021)

    Concentración na Coruña contra o ERE do BBVA (19/5/2021)

    O acordo cumpre as tres grandes premisas fixadas por CCOO: reducir o número de persoas afectadas (inicialmente, 3798; agora, 2925); que as baixas sexan de adscrición voluntaria e que non haxa cláusula de equilibrio xeneracional,

    Estas tres cuestións cumpríronse «grazas á firmeza do sindicato e á mobilización», salienta a Federación de Servizos de CCOO.

    O «amplo catálogo» de opcións de saída «ha permitir» que ningunha baixa sexa forzosa. Canto á cláusula de equilibrio, obrigaba a que a metade das saídas fosen de menores de 50 anos. Con este acordo, a saída prevista será dun 72% de maiores de 50 anos e un 28% de menor idade.

    No documento anexo pódense consultar as condicións económicas e de mobilidade xeográfica para as persoas que se acollan ao plan de saídas.