Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Nova manifestación polo futuro das Pontes, o xoves, 10 de xuño

    CCOO, UGT e CIG convocan o xoves, 10 de xuño, unha nova manifestación polo futuro das Pontes. A marcha partirá ás 19:30 da praza do Concello. Os sindicatos sinalan que, logo de dous anos de mobilizacións coas que se conseguiron garantías de emprego ata o 30 deste mes, «vemos como o Ministerio e a Xunta, co beneplácito de Endesa, xogan co noso futuro e enfróntanse entre elas, buscando pasarse a responsabilidade dun a outro».

    08/06/2021.
    Traballadores das auxiliares de Endesa esixen solucións (27/5/2021)

    Traballadores das auxiliares de Endesa esixen solucións (27/5/2021)

    A partir desa data, «está en xogo que As Pontes non se empobreza aínda máis», polo que esixen que «os que anunciaron unha transición xusta, que cumpran», porque polo de agora «falan moito, pero nunca achegan solucións concretas». 

    Endesa, coa desculpa da tramitación ordinaria do peche da térmica, que alonga os prazos, tampouco concreta cal é o futuro que lles agarda aos traballadores e traballadoras.

    Xa está anunciado un ERE nunha compañía auxiliar e, no que afecta á principal, tamén se reactivan os traslados fóra das Pontes. «Semella que o camiño que nos deixan é o paro ou a emigración», lamentan os sindicatos.