Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Sen acordo no SMAC polos despedimentos de Cándido Hermida

  • «Non imos ficar calados e sairemos ás rúas as veces que sexa preciso na defensa dos traballadores fronte aos abusos e a explotación»

Hoxe rematou sen acordo o acto de conciliación diante do Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC) para os 24 traballadores despedidos no grupo de empresa de Cándido Hermida, que conta na súa carteira con clientes como Inditex. 

08/06/2021.
Concentración do persoal de Cándido Hermida diante do SMAC

Concentración do persoal de Cándido Hermida diante do SMAC

Esta era a terceira citación no SMAC, que se pecha sen acordo ningún «pola evidente falta de vontade e a actitude que está a adoptar a empresa desde o inicio deste conflito laboral», denuncia CCOO.

«Non imos ficar calados e sairemos ás rúas as veces que sexa preciso na defensa dos traballadores fronte aos abusos e a explotación», advirten desde o sindicato ante os despedimentos e o empeoramento das condicións de traballo.

A vindeira semana haberá novamente unha conciliación no SMAC, que CCOO, UGT e CIG aproveitarán para facer chegar á cidadanía a situación que padece o persoal desta empresa.