Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Primeira reunión da Comisión Executiva Nacional de CCOO

  • Amelia Pérez: «procediamos de dúas candidaturas diferentes, agora somos un único equipo»

Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira reunión da Comisión Executiva Nacional (CEN) de CCOO, electa hai dúas semanas no 12.º Congreso do sindicato. Na xuntanza aprobáronse por unanimidade tanto o regulamento do órgano como a distribución de responsabilidades. A secretaria xeral, Amelia Pérez, agradeceu o «compromiso» coa organización de todos os membros da nova dirección. «Procediamos de dúas candidaturas diferentes, agora somos un único equipo», destacou.

04/06/2021.
Primeira reunión da Comisión Executiva Nacional de CCOO

Primeira reunión da Comisión Executiva Nacional de CCOO

Canto á estrutura, a Comisión Executiva Nacional terá un total de dez secretarías, incluída a Xeral, cunha repartición de tarefas que pretende dar resposta axeitada aos principais retos que o sindicato e a sociedade galega deberán afrontar a medio e longo prazo.

Daquela, as responsabilidades na Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia quedan do seguinte xeito:

— Amelia Pérez Álvarez: Secretaría Xeral

— Armando Iglesias Rodríguez: Secretaría de Acción Sindical e Saúde Laboral

— Maica Bouza Seoane: Secretaría de Emprego, Política Social e Políticas Públicas de Protección

— Antonio Millares Jorge: Secretaría de Comunicación

— Leila Piñeiro Otero: Secretaría de Organización

— Mamen Sabio Sanz: Secretaría da Muller

— Francisco Méndez Gómez: Secretaría de Cambio de Modelo Produtivo e Sostibilidade

— Yolanda Martínez Quintián: Secretaría de Finanzas

— Santiago Huertas Pozurama: Secretaría de Formación de Cadros

— Xesús Castro Baamonde: Secretaría de Institucional

— Rita Gippini Estévez: vogal

— Juan Carlos López Corbacho: vogal