Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

Presentación do proxecto Constrúate para a remuda xeracional na construción

    Este xoves presentouse en Santiago de Compostela o proxecto Constrúate, que fomenta a remuda xeracional no sector da construción.

    03/06/2021.
    Presentación do proxecto Constrúate. En segundo lugar pola dereita, Alejandra Gesto (CCOO-Hábitat)

    Presentación do proxecto Constrúate. En segundo lugar pola dereita, Alejandra Gesto (CCOO-Hábitat)

    No acto participou a secretaria xeral de CCOO do Hábitat, Alejandra Gesto, quen lles pediu «valentía» ás empresas, non só para incorporar mozos, senón para apostar polas mozas galegas na renovación xeracional dun sector altamente masculinizado. «Este proxecto é unha grande oportunidade e debemos aproveitala», recalcou.

    Constrúate é unha iniciativa da Fundación Laboral da Construción —da que forma parte CCOO do Hábitat— en colaboración coa Xunta de Galicia. Un total de trinta traballadores e traballadoras poderán medrar profesionalmente sobre a base da formación e a aprendizaxe dentro dunha das vinte empresas que participan no proxecto.