Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Caravanas en defensa do servizo postal público

    As seccións sindicais de CCOO e UGT en Correos convocaron esta semana caravanas nas catro provincias contra o desmantelamento do servizo postal público. O luns protestaron en Lugo, o martes en Vigo, o mércores en Ourense e o venres na Coruña.

    28/05/2021.
    Rodada postal en Ourense para defender o servizo público de Correos (26/5/2021)

    Rodada postal en Ourense para defender o servizo público de Correos (26/5/2021)

    Os sindicatos esíxenlle ao Goberno central unha «definición clara» do seu modelo postal e instan a evitar a deterioración da maior empresa pública.

    Entre outras actuacións, rexeitan o recorte do financiamento, que está un 60 % por baixo dos 220 millóns de euros acordados pola comisión mixta en 2017; opóñense ás subcontratacións e á transferencia de actividade á filial Correos Express; denuncian o recorte dos servizos nas zonas rurais e o peche de centros e oficinas.

    CCOO e UGT tamén alertan dos recortes de emprego e da súa calidade, cun 36 % de temporalidade e un 25 % de xornada parcial (que se eleva ao 75 % nas oficinas).