Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO denuncia que Auto Res reduce aínda máis as conexións entre Galicia e Madrid malia a fin do estado de alarma

  • O sindicato denuncia que este recorte non cumpre o obxectivo do servizo público de transporte

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a empresa de transporte de viaxeiras e viaxeiros por estrada Auto Res, do Grupo Avanza, reduce aínda máis as conexións entre Galicia e Madrid malia a fin do estado de alarma. Desde o sindicato non entenden esta decisión, xa que a suspensión dos peches perimetrais e o remate das medidas excepcionais debería servir para facilitar a mobilidade da poboación, «que é o obxectivo do servizo público de transporte».

25/05/2021.
CCOO denuncia que Auto Res reduce aínda máis as conexións entre Galicia e Madrid

CCOO denuncia que Auto Res reduce aínda máis as conexións entre Galicia e Madrid

Ata o 31 de xaneiro había un servizo diario ás 10:00 en sentido Vigo-Madrid e Madrid-Vigo, incluso durante a vixencia do estado de alarma e malia os peches perimetrais. Desde o 1 de febreiro pasouse a realizar o servizo Vigo-Madrid só os xoves, venres, sábados e domingos, mentres que o Madrid-Vigo ficou nos venres, sábados, domingos e luns.

A partir do 10 de maio, a pesar da fin das restricións —que deberían permitir maior liberdade de movementos—, Auto Res decidiu diminuír aínda máis as frecuencias: Vigo-Madrid só os xoves, sábados e domingos, e Madrid-Vigo só os venres, domingos e luns.