Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Amelia Pérez: «Pedimos derrogar a reforma laboral na súa totalidade»

    A nova secretaria xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, Amelia Pérez, concedeulle hoxe unha entrevista á Televisión de Galicia para repasar a actualidade social e económica do país e fixar as prioridades.

    24/05/2021.

    URL | Código para insertar

    A dirixente sindical comezou a súa intervención prometendo que CCOO traballará na «defensa dos intereses de clase» nun momento en que moitas empresas «están aproveitando a crise para se desfaceren do máis importante, o capital humano».

    Neste sentido, coida importante dar cabo da reforma laboral imposta polo PP no 2012. Malia que hai unha negociación aberta no ámbito do Estado sobre diferentes aspectos da norma, Pérez reiterou que a esixencia de CCOO é «derrogar a reforma laboral na súa totalidade».

    Canto á situación da industria galega, a secretaria xeral de CCOO lembrou que Galicia está nun proceso de transición enerxética, «con cambios de paradigma e de ciclos produtivos». Con todo, aclarou que debe ser «xusta, social e sostible». Neste sentido, pediu tamén un «compromiso coa política industrial e coa reindustrialización do noso país».

    Amelia Pérez tamén lle esixiu á Xunta de Galicia compromisos coas políticas públicas, sobre todo no ámbito da sanidade, así como «seriedade, solvencia e rigor» no referente aos proxectos que se financien a cargo dos fondos europeos Next Generation. «Xogamos o futuro do país», advertiu.