Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Enquisa COTS II - Necesitamos a túa colaboración para coñecer a situación actual da poboación traballadora

  • Podes participar cubrindo unha sinxela enquisa

En maio do 2020, grazas á participación de máis de 20 000 persoas, unha investigación da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e do Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS-CCOO) amosou un empeoramento significativo das condicións de traballo e de saúde da poboación activa debido á pandemia. A enquisa, denominada COTS, tamén amosou desigualdades estruturais de clase e xénero, prácticas de xestión laboral precarias e a falta de prevención de riscos laborais.

10/05/2021.
Participa na enquisa COTS II

Participa na enquisa COTS II

Un ano despois, o equipo formado por investigadores e investigadoras de POWAH-UAB e de CCOO (ISTAS e Fundación 1º de Maio) pretende analizar coa enquisa COTS II a súa evolución para comprender mellor os efectos desta crise e propoñer medidas para afrontala.

Con este obxectivo, o equipo de traballo solicita a colaboración de calquera persoa traballadora residente no Estado español que non respondese aínda á enquisa, que traballase por conta allea nalgún momento entre o 14 de marzo do 2020 e o 10 de maio do 2021.

Polo de agora, máis de 24 000 persoas contribuíron xa aos obxectivos desta investigación. Ti tamén podes colaborar respondendo á enquisa, dispoñible nesta ligazón: 

https://encuestasistas.ccoo.es/limesurvey/index.php/881263

Ligazóns relacionadas
Ligazóns relacionadas