Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

O persoal do servizo de axuda no fogar de Frades e Ordes apoia a decisión de CCOO e acorda pedir a nulidade da licitación

    O persoal de Aralia Servicios, concesionaria do servizo de axuda no fogar (SAF) dos concellos de Frades e Ordes, apoia a decisión de CCOO e acorda pedir a nulidade do proceso de licitación. O sindicato defende que a actual contrata sexa excluída do concurso e que se lle adxudique a outra empresa, con subrogación das 46 profesionais que o prestan actualmente.

    28/04/2021.
    As traballadoras decidiron en asemblea ratificar a postura de CCOO

    As traballadoras decidiron en asemblea ratificar a postura de CCOO

    Así o decidiron as traballadoras nunha asemblea que tivo lugar o martes, 27 de abril, na que CCOO defendeu adoptar esta medida tras a sentenza emitida hai un mes polo Xulgado do Social n.º 3 da Coruña, que constata os incumprimentos laborais de Aralia.

    Segundo considerou probado a Xustiza, Aralia Servicios non respecta a xornada mínima de 25 horas para o persoal que non goza de xornada completa —24 no caso do persoal que traballa as fins de semana e os festivos—. Tampouco cumpre co descanso mínimo entre xornadas de traballo —doce horas— e semanal —día e medio ininterrompidos—. Ademais, a sentenza declara o dereito das traballadoras a cobraren os seus salarios consonte o recollido no convenio sectorial.