Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Bono de alugueiro social da Xunta de Galicia (2021)

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 20 de xaneiro publica as condicións de acceso ao bono de alugueiro social para este ano. Esta axuda diríxese a distintas tipoloxías de persoas beneficiarias con dificultades para faceren fronte ao custo do arrendamento ou que fosen privadas da súa vivenda habitual.

    25/01/2021.
    Bono de alugueiro social

    Bono de alugueiro social

    Entre os requisitos fixados están o empadroamento e residencia efectiva en Galicia nos doce meses inmediatamente anteriores á presentación da solicitude ou que a vivenda obxecto de arrendamento constitúa o domicilio habitual, entre outros.

    Tamén se fixan límites de ingresos para o acceso á axuda, que van desde os 751,96 euros mensuais cun membro na unidade de convivencia a 1566,58 para cinco ou máis membros.

    Máis información no documento anexo a esta nota informativa.