Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Concentracións de apoio ao Sáhara nas sete cidades galegas

    Ante as persistentes agresións de Marrocos contra o Sáhara e a pasividade da comunidade internacional, particularmente do Goberno español, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) convoca para hoxe novas accións de solidariedade. Deste xeito, este xoves haberá concentracións nas sete cidades galegas, todas elas ás 19:30 horas.

    26/11/2020.
    Na fotografía, concentración a pasada semana en Santiago de Compostela

    Na fotografía, concentración a pasada semana en Santiago de Compostela

    Desde SOGAPS lembran que o pobo saharauí leva anos agardando «pacificamente» o cumprimento dos acordos de paz asinados en 1991, ao tempo que ve como os seus recursos naturais son «esquilmados».

    ? A Coruña: Subdelegación do Goberno
    ? Ferrol: edificio da Xunta
    ? Santiago de Compostela: praza das Praterías
    ? Lugo: Subdelegación do Goberno
    ? Ourense: Subdelegación do Goberno
    ? Pontevedra: Subdelegación do Goberno
    ? Vigo: museo MARCO