Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Publicadas na rede as intervencións da xornada «Impulsa a transición ecolóxica»

    Xa están dispoñibles na canle de Youtube do sindicato as intervencións da xornada «Impulsa a transición ecolóxica», organizada por CCOO o pasado 25 de xuño.

    30/06/2020.
    De esq. a der., Omar Ceveira, Ramón Sarmiento, Alejandro Rodríguez e J. A. Rodríguez Añón

    De esq. a der., Omar Ceveira, Ramón Sarmiento, Alejandro Rodríguez e J. A. Rodríguez Añón

    Podes acceder aos vídeos nas seguintes ligazóns:

    ? Parte 1: presentación a cargo do secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, e intervención do responsable de Medio Ambiente do sindicato, Alejandro Rodríguez, sobre o sector forestal galego

    ? Parte 2: «Transición enerxética en Galicia», por José Antonio Rodríguez Añón, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Na descrición do vídeo tamén se pode consultar a presentación amosada polo profesor Añón

    ? Parte 3: «Aspectos medioambientais nos plans de recuperación despois da COVID-19», por Mariano Sanz Lubeiro, secretario confederal de Medio Ambiente e Mobilidade de CCOO