Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

#EcoAcciónCCOOGalicia: CCOO planta 2134 árbores nun monte comunal, tantas como novas afiliacións ao sindicato no último trimestre do ano pasado

  • Para CCOO, o cambio climático é un «desafío global» con graves consecuencias de todo tipo, medioambientais, económicas, sociais e laborais

O pasado sábado, 22 de febreiro, foi unha intensa xornada de traballo para a familia das Comisións Obreiras de Galicia. Ducias de persoas voluntarias plantaron 2134 carballos nun monte comunal de Moaña, unha das zonas máis afectadas pola vaga de incendios do 2017. O número de árbores corresponde ás novas afiliacións que rexistrou o sindicato no último trimestre do ano pasado.

26/02/2020.
Un momento da plantación no monte

Un momento da plantación no monte

Con esta ecoacción, CCOO pretende concienciar a toda a sociedade da urxencia por cambiar o sistema produtivo e os hábitos de consumo pensando no futuro do planeta. «É a oportunidade de que os cambios se fagan da man da clase traballadora, conseguindo así un impacto socialmente responsable no emprego e nas condicións de traballo», salienta o secretario xeral, Ramón Sarmiento.

Para o dirixente de CCOO, o cambio climático é un «desafío global» con graves consecuencias de todo tipo, medioambientais, económicas, sociais e laborais. Así mesmo, apunta que é preciso avanzar nunha xestión dos recursos «eficiente e sostible», pero planificando o impacto no emprego e nas condicións laborais. Por esta razón, o reivindica que a transición enerxética sexa «socialmente xusta e planificada».