Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

CCOO ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén na provincia da Coruña

  • O sindicato ten o 36,1 % dos delegados e delegados da empresa na provincia e o 38,6 % en Galicia

Comisións Obreiras (CCOO) ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras gañar tamén as eleccións sindicais na provincia da Coruña. As votacións tiveron lugar o xoves desta semana, mentres que nas restantes tres provincias xa foran a mediados do pasado mes de decembro.

24/01/2020.
CCOO gaña as eleccións sindicais en Correos

CCOO gaña as eleccións sindicais en Correos

Na provincia da Coruña, CCOO logrou o 36,1 % dos delegados e delegadas que se elixían, concretamente 13 dun total de 36. A moita distancia quedan os seguintes sindicatos, CIG (sete) e UGT (seis).

Con estes resultados, CCOO ten 44 delegados e delegadas en Correos no ámbito de Galicia, o dobre que o segundo sindicato, a CIG, que logra 22.

Documentación asociada
Documentación asociada