Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

  • Comisións Obreiras gañou as eleccións sindicais no conxunto do persoal laboral e funcionario e ten unha representación do 40 %, case o dobre que o segundo sindicato

Rematado o proceso de eleccións sindicais nas deputacións provinciais galegas, Comisións Obreiras (CCOO) revalida a súa condición de primeiro sindicato en representación. No conxunto do persoal laboral e funcionario, esta organización ten o 40 % de delegados e delegadas, case o dobre que o segundo sindicato.

22/01/2020.
CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

CCOO agradécelle ao persoal das catro deputacións a súa participación nestas eleccións sindicais e, de xeito moi particular, aos traballadores e traballadoras que apoiaron co seu voto as súas candidaturas. Isto permitiulle conseguir corenta delegados e delegadas de cen que se elixían.

Desde CCOO afirman que «quedan moitos retos por abordar», entre outros, transformar os contratos derivados de programas en postos de estrutura ?mediante a súa incorporación á relación de postos de traballo?, estabilizar o emprego para reducir a «excesiva» temporalidade, funcionarizar todo o persoal laboral, desenvolver a carreira profesional ?ao abeiro do Acordo de concertación? ou dotar de máis obxectividade as listaxes de contratación.

Documentación asociada
Documentación asociada