Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO e a Comunidade de Montes de Meira asinaron un convenio de colaboración

  • O Sindicato plantará un castiñeiro por cada afiliación nova dentro da súa campaña #ecoaccionccoogalicia

26/12/2019.
Momento do asinamento do convenio

Momento do asinamento do convenio

O pasado 21 de decembro, CCOO e a Comunidade de Montes de Meira asinaron o convenio de colaboración mediante o que o Sindicato plantará un castiñeiro por cada afiliación nova dentro da súa campaña #ecoaccionccoogalicia.
O asinamento tivo lugar nos locais da Comunidade de Montes de Meira en Moaña-Pontevedra, e acudiron o secretario xeral do Sindicato, Ramón Sarmiento, acompañado do responsable de Medio Ambiente, Alejandro Rodríguez, que xunto ao presidente da Comunidade de Montes de Meira, Francisco Javier Fernández Rodríguez, asinaron o convenio polo que o Sindicato procederá a repoboar unha parcela dentro da súa campaña  #ecoacciónCCOOgalicia.
Cómpre concienciar a toda a sociedade da urxencia por cambiar o sistema produtivo e os hábitos de consumo pensando no futuro do planeta. É a oportunidade de que os cambios se fagan da man da clase traballadora, conseguindo así un impacto socialmente responsable no emprego e nas condicións de traballo.
O Sindicato prevé que a cifra final de campaña, que rematará o 30 de xaneiro de 2020, sexa de 2000 castiñeiros.