Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais na concesionaria do servizo de axuda a domicilio no Concello de Ourense

    Comisións Obreiras acaba de gañar as eleccións sindicais na concesionaria do servizo de axuda a domicilio no Concello de Ourense. Estes comicios producíronse nun contexto complicado, a poucos días de cambio de concesionaria e en pleno conflito co Goberno local.

    27/11/2019.
    Os votos a CCOO aumentaron case un 44%, o que lle permite gañar estas eleccións

    Os votos a CCOO aumentaron case un 44%, o que lle permite gañar estas eleccións

    Hai catro anos, CCOO fora o segundo sindicato máis votado e lograra tres representantes no comité, por catro da UGT e dous da CIG. Agora viran as tornas e a candidatura de Comisións Obreiras é a que logra máis apoios, cun aumento de votos de case o 44%, o que lle permitiu obter catro delegadas no órgano de representación do persoal, por tres da UGT e dúas da CIG.

    CCOO celebra estes resultados ao tempo que agradece ao conxunto do persoal tanto a súa masiva participación nas mobilizacións como o apoio dado á candidatura de CCOO.