Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO entra por vez primeira no comité de empresa de Prosegur Avos en Vigo

    Comisións Obreiras consegue entrar por vez primeira no comité de empresa de Prosegur Avos en Vigo. Nas recentes eleccións sindicais neste centro de traballo, CCOO conseguiu dous representantes, por tres da CIG. Ata o de agora, o comité formábano exclusivamente a CIG e a UGT, sindicato que perdeu a representación.

    22/11/2019.

    A Federación de Servizos de CCOO dá os parabéns aos membros da súa candidatura, especialmente nun contexto difícil, pois a persoa que a encabezaba está loitando xudicialmente para que se declare nulo o seu despedimento.

    CCOO agradécelle a todo o persoal da empresa a súa participación na xornada electoral e comprométese a facer o mellor traballo posible en defensa dos intereses dos traballadores e das traballadoras.