Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais na Consellaría de Economía, Emprego e Industria

  • Comisións consolídase como primeiro sindicato entre o persoal laboral da Xunta de Galicia

O 31 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais aos comités de empresa da Consellaría de Economía, Emprego e Industria, nas que estaban chamadas a votar case catrocentas traballadoras e traballadores (138 na provincia da Coruña, 60 en Lugo, 87 en Ourense e 106 en Pontevedra). CCOO foi o sindicato máis votado e conseguiu o 35,71 % da representación, con dez delegados e delegadas de 28 posibles. Con estes resultados, ademais, consolídase como primeiro sindicato entre o persoal laboral da Xunta de Galicia.

31/10/2019.
Vota CCOO. É o momento!

Vota CCOO. É o momento!

CCOO agradécelle a todo o persoal a súa participación nestes comicios, de xeito especial a quen apostou polas candidaturas deste sindicato.

Para os próximos catro anos hai importantes retos, como transformar os contratos derivados de programas en postos de estrutura (mediante a súa incorporación á relación de postos de traballo da Consellaría); incrementar o complemento específico e outros incentivos, valorando así a especial atención ao público nos postos das oficinas do SEPE de Galicia e aplicar os complementos a todos os postos pendentes do do Centro de Información e Servizos (XERA) e de GAIN, para que cobren todos o mesmo polas mesmas funcións.

Outras tarefas que se acometerán teñen a ver coa estabilización do emprego, para reducir a excesiva temporalidade; levar a diante a funcionarización de todo o persoal laboral e desenvolver a carreira profesional, froito do acordo de concertación, estendéndoo ao persoal dos entes instrumentais (tal como recolle o propio acordo) e ao persoal temporal.