Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

CCOO mellora os resultados nas eleccións sindicais da Consellaría de Política Social

    O 24 de outubro, celebráronse as eleccións sindicais aos comités de empresa provinciais da Consellaría de Política Social. Nestes comicios, tiñan dereito ao voto 6181 traballadores e traballadoras (2349 na Coruña, 2019 en Pontevedra, 1024 en Lugo e 783 en Ourense). Respecto do ano 2015, elixíanse dez delegadas e delegados máis (94 fronte a 84). En comparanza con catro anos atrás, Comisións Obreiras logrou tres representantes máis (25 fronte a 22) e o seu peso relativo pasa do 26,19 % ao 26,59 %. Por provincias, obtivo sete delegados e delegadas na Coruña e Ourense (un máis ca en 2015), seis en Pontevedra e cinco en Lugo (un máis).

    28/10/2019.

    Tras estas eleccións e con 25 delegados e delegadas, CCOO mantense como segunda forza sindical no ámbito, a moita distancia da terceira forza (CSI-F, con 18). O sindicato máis castigado foi a UGT, que de primeiro sindicato pasa a ser o terceiro (cae de 23 a 13 representantes sindicais).
     
    CCOO agradécelle ao persoal da Consellaría de Política Social a súa participación nestas eleccións, de xeito moi particular a quen apostou polas candidaturas deste sindicato.
     
    Como retos para os próximos catro anos, CCOO sinala a homologación dos complementos, a estabilización do emprego para reducir a temporalidade, a funcionarización de todo o persoal laboral, a recuperación dos días de compensación adicional (mediante a redución da xornada máxima anual), a creación da relación de postos de traballo do Consorcio de Igualdade e Benestar e a redución dos prazos da homologación salarial (para acceder canto antes á carreira profesional), entre outros.