Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Traballador realizando o seu labor desde a casa | Foto: Pixabay

O traballo a distancia permitiría diminuír a mobilidade, a interacción social e a capacidade de contaxio.

Na fotografía, un alumno seguindo as clases presenciais cunha máscara cirúrxica

O sindicato pide considerar o peche de aulas «ou mesmo centros educativos» en que o número de contaxios «está a pór en perigo a saúde de profesorado, alumnado e persoal non docente».

Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

O sindicato xa advertira de que o estado das instalacións propiciaba a propagación do virus e que se este non chegou antes ao centro foi grazas aos traballadores e traballadoras.

O subsidio poderase solicitar entre os días 6 e 30 deste mes de novembro

  • Poderase solicitar entre os días 6 e 30 deste mes de novembro

Resumo das condicións do subsidio especial por desemprego de tres meses de duración e 430,27 euros de contía, que poderán solicitar as persoas que esgotasen a cobertura por desemprego entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de xuño de 2020, ambos inclusive. Poderá solicitarse entre os días 6 e 30 de novembro de 2020.

O conselleiro de Educación non achegou nada novo na mesa sectorial deste luns

  • O sindicato repróchalle ao conselleiro Román Rodríguez que a última mesa sectorial «non achegase nada novo» no medio da segunda vaga da pandemia

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia esíxelle á Xunta de Galicia que reforce profesorado para poder garantir os desdobramentos nas aulas, así como as substitucións que que se vaian producindo polas corentenas. Segundo o sindicato, a falta de efectivos está a provocar «xornadas lectivas superiores ás legais», en moitos casos en dúas horas e media semanais.

Na fotografía, concentración en Vigo

  • CCOO, UGT, CSIF e CIG esixiron a implicación dos grupos parlamentarios cos servizos sociosanitarios públicos

Este xoves, 29 de outubro, tivo lugar a décimo oitava xornada de loita e reivindicación do persoal dos centros da Consellaría de Política Social. Ao tempo, os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF reuníronse cos cos grupos parlamentarios do PP, do PSOE e do BNG. Porén, a conselleira, Fabiola García, segue sen dialogar cos axentes sociais, malia que van xa cinco meses de conflito.

Centros de saúde como o de Melide (na foto) precisan un reforzamento de persoal | Foto: Google

  • O sindicato reclama máis persoal para «evitar o caos» nunha área sanitaria que conta con 74 centros de saúde, consultorios e casas do mar

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia a «saturación por improvisación» da atención primaria na área sanitaria Santiago-Barbanza, especialmente desde o comezo da campaña da gripe o pasado día 13 de outubro, que se prolongará ata o vindeiro 31 de decembro. A falta de doses da vacina, o colapso telefónico e a reprogramación de citas son algunhas das consecuencias máis visibles, que están a provocar «o enfado da cidadanía e a extenuación do persoal». O sindicato reclama máis persoal para «evitar o caos» no día a día.

Desde CCOO consideramos adecuada e necesaria a declaración do estado de alarma

Ante a evolución da segunda fase da pandemia da COVID-19, desde o Sindicato Nacional de CCOO Galicia consideramos adecuada e necesaria a declaración do estado de alarma. Coidamos, tamén, que a Xunta de Galicia, desde as súas competencias, debe traballar de xeito coordinado co Gobeno central e o resto de Gobernos autonómicos para dispoñer de criterios sanitarios e epidemiolóxicos comúns.

Un biombo separa as dúas zonas e unha toalla con lixivia serve para desinfectar o calzado | CCOO

  • Desde o pasado día 11, a cuarta planta do complexo é, ao mesmo tempo, zona COVID e non COVID, delimitadas ambas cun biombo e unha toalla con lixivia no chan

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia que a xerenta da área sanitaria Santiago-Barbanza pon en risco a saúde do persoal e do resto da poboación no Hospital Clínico compostelán. Desde o pasado venres, 11 de setembro, a cuarta planta do complexo é, ao mesmo tempo, zona COVID e non COVID, delimitadas ambas por un biombo e unha toalla con lixivia no chan.

Residencia de maiores do Incio, onde hai un gromo activo desde agosto | Foto: Google Street View

  • A pandemia puxo de manifesto as «graves deficiencias» do actual sistema de atención á dependencia, especialmente no caso das residencias

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) alerta sobre a situación das residencias de maiores. Segundo o seu secretario xeral, Carlos Mella, a COVID-19 puxo de manifesto as «graves deficiencias» do actual sistema de atención á dependencia, de xeito especial nestes centros, que concentran sete de cada dez mortes polo novo coronavirus.

O orzamento só destina o 0,1% do total a afrontar o contexto da COVID-19

  • O sindicato alerta de que o orzamento da licitación non está adaptado ao contexto da COVID-19, o que representa un risco para a saúde das persoas traballadoras e usuarias

A Federación de Construción e Servizos de CCOO impugnou os pregos de licitación do servizo de axuda a domicilio (SAD) de Santiago de Compostela. Segundo o sindicato, o orzamento ten un desfasamento de case 200 000 euros anuais, contía que representa ao pé do 7 % do total, debido a varios erros de cómputo. Con todo, o máis grave é que a partida destinada a afrontar o contexto da COVID-19 supón só o 0,1 % do total, «o que representa un risco para a saúde das persoas usuarias e traballadoras».

CCOO denuncia que o novo protocolo aínda é insuficiente

  • Anticipa unha semana a publicación do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 e introduce cambios sobre o texto aprobado en xullo

A Consellaría de Educación reaccionou ante a convocatoria de folga os días 10 e 16 de setembro, datas de comezo do curso escolar nas diferentes etapas educativas. O departamento autonómico anticipou unha semana a publicación do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 e introduciu cambios sobre o texto aprobado unilateralmente o pasado mes de xullo.

Conferencia de prensa para anunciar as mobilizacións e a folga

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSIF e STEG convocan mobilizacións e folga para os días 10 de setembro en educación infantil, primaria e educación especial, e o 16 de setembro no resto de niveis educativos, para rexeitar o protocolo da Xunta de Galicia contra a COVID-19.

CCOO lembra que o de San Caetano é o maior complexo administrativo galego

  • O sindicato pide máis información, reforzar a prevención e prorrogar o teletraballo o tempo preciso para evitar un número elevado de traballadores e traballadoras nas instalacións públicas

O sector da Administración autonómica de CCOO de Galicia esíxelle á Consellaría da Presidencia «medidas urxentes» ante a sucesión de casos de COVID-19 detectados nos últimos días nos centros administrativos da Xunta. O sindicato tivo coñecemento ?nunca de xeito oficial? de distintos gromos en instalacións públicas, tales como os servizos centrais da Xunta (San Caetano, en Santiago de Compostela), a residencia compostelá de Volta do Castro ou a Xefatura Territorial da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Coruña.

Sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

  • O pasado maio asegurou estar preparando un «paquete» de medidas do que non se soubo máis

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia insta o Sergas a «cumprir a promesa» de recompensar o labor do seu persoal durante a pandemia da COVID-19. Segundo o sindicato, os medios de comunicación fanse eco constantemente de noticias procedentes doutras comunidades autónomas onde xa aprobaron medidas neste sentido, tales como días de permiso retribuídos ou gratificacións extraordinarias. Porén, a Administración sanitaria galega aínda non fixo ningunha proposta na mesa sectorial.