Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Manifestación en Ourense contra o ERE en Adolfo Domínguez

    Os traballadores e traballadoras de Adolfo Domínguez, convocadas por CCOO, UGT e CIG, manifestáronse na tarde do martes, 11 de maio, por diferentes rúas de Ourense. Con esta acción quixeron expresar o seu rexeitamento ao despedimento colectivo que pretende acometer a compañía téxtil.

    12/05/2021.
    Manifestación en Ourense contra o ERE en Adolfo Domínguez (11/5/2021)

    Manifestación en Ourense contra o ERE en Adolfo Domínguez (11/5/2021)

    Durante a marcha portaron carteis co logotipo da empresa, AD, e o lema «Adriana despide», en referencia á presidenta executiva da firma, Adriana Domínguez.

    Segundo Justo Suárez, responsable comarcal de CCOO-Industria, «as posturas na negociación están agora mesmo moi afastadas». 

    A dirección de Adolfo Domínguez propón un expediente de regulación de emprego (ERE) que implicaría o despedimento de 280 persoas, mentres que os sindicatos avogan por prexubilacións —hai 113 traballadores e traballadoras maiores de 58 anos— e por saídas incentivadas «en condicións dignas».

    Justo Suárez lembra que dos cinco ERE que a empresa téxtil acometeu nos últimos exercicios, «tres foron nos últimos seis anos».