Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Máis de 6000 traballadores e traballadoras do BBVA protestan en todo o Estado contra o ERE

    A Federación de Servizos de CCOO salienta o «éxito rotundo» das mobilizacións deste luns contra o expediente de regulación de emprego (ERE) no BBVA. Máis de 6000 traballadores e traballadoras en todo o Estado, uns 700 en Galicia, amosaron o seu rexeitamento ao despedimento colectivo co que a entidade bancaria pretende extinguir 3800 empregos.

    10/05/2021.
    Concentración en Ourense contra o ERE no BBVA (10/5/2021)

    Concentración en Ourense contra o ERE no BBVA (10/5/2021)

    As concentracións tiveron lugar nas 15 oficinas principais do BBVA en España. En Galicia foron na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

    Para CCOO-Servizos, as protestas foron «unha clara demostración de unidade do persoal e dos seus representantes sindicais» que «dá azos» para afrontar unha negociación que empezou o pasado día 6 de maio coa entrega do informe técnico e que continuará o mércores, día 12.

    «O persoal e as organizacións sindicais xa falamos e agora o BBVA débenos escoitar», insisten desde o sindicato.

    Ademais de rexeitar os despedimentos, CCOO-Servizos reprocha a intención do BBVA de pechar centos de oficinas en España, «deixando en risco de exclusión financeira amplos sectores sociais, como o das persoas maiores».