Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Concentración en Ourense para defender o convenio do siderometal

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG convocaron unha concentración na praza Maior de Ourense para defender un «convenio xusto» para o sector siderometalúrxico, que garante as condicións laborais dunhas 4000 persoas na provincia.

    05/05/2021.
    Concentración en Ourense polo sector do siderometal (5/5/2021)

    Concentración en Ourense polo sector do siderometal (5/5/2021)

    As organizacións sindicais explican que as negociacións están «rotas» por mor da «actitude intransixente» da patronal, que usa a pandemia como «escusa» para non abordar a mellora das condicións de traballo e económicas no sector.