Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Ferrol arroupa os traballadores despedidos en Cándido Hermida

    A praza de Armas de Ferrol encheuse para arroupar os traballadores despedidos por Cándido Hermida, empresa con sede no veciño concello de Narón. CCOO, UGT e CIG, que convocaron unha xornada de folga, esixen a readmisión dos 23 empregados.

    07/05/2021.
    Folga e concentración contra os despedimentos en Cándido Hermida (6/5/2021)

    Folga e concentración contra os despedimentos en Cándido Hermida (6/5/2021)

    A folga comezou con piquetes na fábrica naronesa, onde o paro foi seguido por case todo o persoal, que sentiu de preto o apoio dos comités de empresa doutras factorías da comarca, como Navantia, Maessa ou Pull & Bear, entre outras.

    Posteriormente, concentráronse diante da empresa, no polígono do Río do Pozo, e despois dirixíronse a Ferrol para concentrarse na praza de Armas, onde centos de persoas lles expresaron o seu apoio e esixiron a readmisión dos despedidos.

    Na praza ferrolá leron un comunicado no que denunciaron que a intención da empresa con estes despedimentos é «meterlle medo ao persoal» para que non proteste e así rebaixar as condicións laborais sen oposición.