Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Acordo previo para suspender a folga do metal: haberá suba salarial sen perda de dereitos

  • Foron precisas quince reunións e numerosos actos de protesta para evitar a perda de dereitos e subir os salarios

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO) e UGT anuncian que o martes chegaron a un acordo previo coas patronais ASIME, ATRA e Instalectra para un novo convenio no sector do metal da provincia de Pontevedra, polo que se desconvoca a folga prevista para mañá xoves. O vixente levaba caducado máis dun ano e catro meses, pero foron precisas quince reunións e numerosos actos de protesta para evitar a perda de dereitos e subir os salarios.

21/04/2021.
Temas
    Convenio digno para o metal de Pontevedra

    Convenio digno para o metal de Pontevedra

    «Malia os intentos da parte empresarial por degradarnos e empeorar as nosas condicións, saímos cun acordo sen ceder nin un só dos dereitos adquiridos», salientan os sindicatos.

    A patronal, explican, «viuse na obriga de eliminar a proposta de inclusión de ETT no sector», elemento de conflito durante o longo proceso negociador. Canto ao complemento de eventualidade, «as partes acordamos que se aboará á finalización dos contratos». Isto evita perder dereitos e que os vinte días de indemnización por ano traballado sexan sobre os ingresos reais do traballador ou traballadora e non unha cantidade fixa.

    O novo convenio terá unha vixencia de tres anos (2020, 2021 e 2022) e desconxela os salarios, bloqueados desde 2019. O acordo xira arredor dunha suba salarial de catro puntos porcentuais en tres anos, do seguinte xeito:

    — 2020, suba do 0,5 %, sen xeración de atrasos;

    — 2021, incremento do 1,75 % sobre todos os conceptos salariais;

    — 2022, incremento do 1,75 % sobre todos os conceptos salariais.