Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Mobilización unitaria en Ferrol o 14 de abril

    CCOO, UGT e CIG convocan para o 14 de abril unha nova xornada reivindicativa para esixir solucións que eviten o declive demográfico, económico e industrial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

    13/04/2021.
    Na imaxe, manifestación o 10 de marzo de 2021 en Ferrol

    Na imaxe, manifestación o 10 de marzo de 2021 en Ferrol

    Pola mañá, ás 12:00, haberá concentracións diante dos concellos das bisbarras afectadas. Á tarde, en Ferrol, unha marcha partirá simultaneamente do mercado de Caranza e da praza da Gándara, ás 18:00, para confluír na praza de Armas.

    Xuntanza para lograr solucións

    Desde as organizacións sindicais indican que «a deriva das nosas comarcas non é unha opción», polo que esixen unha xuntanza coa ministra de Defensa, co conselleiro de Economía e Industria e co delegado do Goberno en Galicia. Deste encontro «deben saír compromisos e solucións», apuntan.