Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Información fiscal do exercicio 2020 de beneficiarios e beneficiarias de prestacións por ERTE debidos á pandemia

    O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) comunicoulle á Axencia Tributaria (AEAT) todas as posibles percepcións indebidas derivadas de prestacións por ERTE covid-19 correspondentes ao exercicio 2020. A información está actualizada ata o mes de marzo de 2021, incluídos os casos en que non se iniciou o procedemento de reclamación e con independencia de se se procedeu ou non á devolución. O SEPE actualizará de forma periódica a información remitida á AEAT.

    12/04/2021.
    A campaña da renda comezou o día 7 de abril

    A campaña da renda comezou o día 7 de abril

    As persoas perceptoras que non recibiron comunicación do SEPE, pero das cales consta información de percepción indebida nos datos fiscais, non deben acudir á súa oficina de prestacións: notificaráselles proximamente o inicio do procedemento.

    Dado que a AEAT contará, en todo momento, con información actualizada, non será necesario que os e as contribuíntes acheguen certificados de importes nin de ningunha outra documentación.

    A Axencia Tributaria vai enviar cartas informativas a aqueles perceptores e perceptoras de ERTE que non presentasen declaración na campaña de renda anterior. Tamén reforzará a asistencia personalizada para facilitar a presentación da declaración e a resolución de dúbidas a todas as persoas afectadas por estas prestacións do SEPE que o necesiten.

    Igual ca outros anos, as persoas contribuíntes poden obter anticipadamente o número de referencia, co obxectivo de axudarlles a preparar con tempo a presentación da declaración. Tamén se pon á súa disposición, anticipadamente, a posibilidade de consultar os seus datos fiscais.

    Pódese consultar máis información da campaña de renda 2020 para contribuíntes afectados por ERTE no documento anexo a esta nota informativa.