Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

CCOO polos dereitos e a visibilidade trans

    CCOO súmase ao Día Internacional pola Visibilidade Trans, unha data que desde 2009 se dedica a visibilizar esta comunidade e sensibilizar a sociedade fronte aos problemas e discriminacións que aínda ten que soportar nas sociedades actuais: o desemprego, a exclusión, os ataques de odio… Ante esta situación, desde CCOO reclamámoslle ao Goberno que resolva as súas diferenzas para sacar adiante unha lei que garanta a despatoloxización destas persoas e o recoñecemento dos seus dereitos.

    31/03/2021.
    31 de marzo, Día Internacional pola Visibilidade Trans

    31 de marzo, Día Internacional pola Visibilidade Trans

    «É unha cuestión de xustiza e de dereitos humanos», opina a secretaria confederal de Mulleres e Igualdade, Elena Blasco Martín. E lembra que «en CCOO, en todo momento entendemos que a ampliación de dereitos para unha parte da poboación sempre ha ser interpretada como unha vitoria colectiva».

    No ámbito laboral, CCOO ten o firme compromiso de defender en todo caso os dereitos das persoas trans, e promove medidas e propostas concretas, como a prohibición e sanción de todo tipo de discriminación; políticas activas de emprego dirixidas a estas persoas, e especialmente ás mulleres trans, que sofren taxas de desemprego por riba do 80 %; a extensión dos currículos cegos; vestiarios nos centros de traballo que garantan a intimidade das persoas, etc.

    «Máis alá das propostas lexislativas e incluso das diferentes sensibilidades dentro do Goberno, está claro que sería bo contar cunha regulación ou normativa nesta materia, que permita avanzar e garantir dereitos, atender as demandas das persoas máis vulnerables e, por suposto, despatoloxizar a transexualidade», conclúe Blasco Martín.