Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

ERTE: nota informativa da Axencia Tributaria sobre a declaración do IRPF

    A Axencia Tributaria (AEAT) emitiu unha nota informativa sobre a declaración do IRPF do exercicio 2020 para as persoas que percibiron prestacións de desemprego a causa dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE).

    25/03/2021.
    A AEAT emitiu unha nota informativa para as persoas que estean nesta situación

    A AEAT emitiu unha nota informativa para as persoas que estean nesta situación

    En primeiro lugar, a AEAT lembra que están obrigadas a presentar declaración por IRPF aquelas persoas con rendementos do traballo de 14.000 euros se teñen outro pagador —neste caso, o Servizo Público de Emprego (SEPE)— que lles aboara máis de 1500 euros no ano.

    En segundo lugar, explica as diferentes situacións que se poden producir por pagamentos indebidos do SEPE no 2020. Estes poden dar lugar a dúas circunstancias: que o SEPE xa fixera o reintegro no 2020 ou que non o fixera.

    Neste último caso, xorden dúas posibilidades:

    — se o importe para devolver é coñecido, pode deducirse dos ingresos que se han declarar;

    — se non o é, pode agardar ou ben declarar a totalidade percibida (e solicitar unha rectificación cando coñeza a cantidade exacta).

    Documentación asociada
    Documentación asociada