Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

O comité de empresa de Media Markt en Vigo esixe a readmisión das persoas despedidas

    O comité de empresa de Media Markt en Vigo, formado por  CCOO, CIG e FETICO, amosa a súa «indignación e rexeitamento» polos despedimentos «inxustificados» na tenda viguesa. Lamentan que, unha vez máis, a compañía decida «prescindir de persoal cualificado» e cunha longa traxectoria. «Esta multinacional está a afacerse a que os profesionais traballen baixo presión para conseguir os resultados que esperan», denuncian os sindicatos.

    25/02/2021.
    Media Markt Vigo, no centro comercial A Laxe

    Media Markt Vigo, no centro comercial A Laxe

    Para o comité de empresa, a situación actual é «aínda máis sangrante», xa que os despedimentos coinciden coa incorporación á tenda dos estudantes de formación dual, «que aínda que chegan para completar a súa formación, normalmente son utilizados para substituír o persoal».

    Os despedimentos tamén coinciden no tempo coa campaña propagandística de Media Markt anunciando a incorporación de tendas tendas da competencia á súa marca e mantendo os postos de traballo. «Lamentamos que non faga o mesmo cos traballadores e traballadoras que levamos anos dándoo todo pola empresa, situándoa como líder no sector», indica o comité, que esixe a readmisión das persoas despedidas e o cesamento da presión para conseguir obxectivos.