Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Plan de apoio á hostalaría e axudas aos establecementos pechados por mor da covid-19

    O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar as condicións do novo Plan de apoio á hostalaría e das axudas aos establecementos pechados polas autoridades sanitarias por mor da covid-19. A seguir resumimos a contía e requisitos das axudas. Pódese consultar máis información no documento anexo ou no propio DOG.

    23/02/2021.
    A hostalaría é un dos sectores máis afectados polas restricións sanitarias

    A hostalaría é un dos sectores máis afectados polas restricións sanitarias

    Plan da hostalaría

    Quen pode solicitar a axuda?

    As persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, pemes calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalería e que se vexan afectados polo peche conforme á normativa ditada polas autoridades sanitarias.

    Requisitos

    • Ter domicilio fiscal en Galicia.
    • Desenvolver unha actividade afectada polo peche ditado pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia desde o 4 de xaneiro de 2021.
    • Entenderase que está afectado polo peche, aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o interior do mesmo, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.

    Contía das axudas

    • Os establecementos pechados desde o 9 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 2.700 €.
    • Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.

    No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 incrementaranse estas cantidades en 1.000 €.

    As axudas serán por establecemento paralizado podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

    Prazo de presentación

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (23 de febreiro de 2021). 

    Axudas aos establecementos pechados polas autoridades sanitarias por mor do covid-19

    Quen pode solicitar a axuda?

    As persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, pemes calquera que desenvolvan unha actividade que se vexa afectada polo peche conforme á normativa ditada polas autoridades sanitarias.