Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Unha caravana de vehículos reivindica na Coruña a continuidade de ENCE en Pontevedra

  • Camións e automóbiles percorreron a AP-9 desde Pontevedra ata A Coruña, cunha parada para sumar máis vehículos en Santiago de Compostela

Preto de douscentos camións e automóbiles colapsaron este venres A Coruña para reivindicar a continuidade da fábrica de ENCE en Pontevedra. A marcha partiu do porto de Marín e fixo unha parada en Santiago de Compostela para sumar transportistas do sector forestal. O percorrido, que colapsou a capital provincial, rematou diante da Delegación do Goberno.

22/02/2021.
Protesta de traballadores de ENCE-Pontevedra diante da Delegación do Goberno na Coruña (19-2-2021)

Protesta de traballadores de ENCE-Pontevedra diante da Delegación do Goberno na Coruña (19-2-2021)

A mobilización, convocada por CCOO, reclama a supresión do artigo 18.4 do proxecto de Lei de cambio climático, co que o Goberno de España pretende que as concesións administrativas no dominio público marítimo-terrestre non poidan ter unha duración superior aos 75 anos desde a primeira concesión.

Esta redacción implicaría o peche de ENCE en 2033 e, con iso, a perda de máis de 5000 empregos industriais e tamén no sector forestal galego.