Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO trasladará as reivindicacións da AUGC ás Administracións

  • O sindicato non admitirá procesos de involución democrática nin perda de dereitos dos traballadores e traballadoras da Garda Civil

Esta mañá reuníronse mediante videoconferencia o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, o secretario federal da Asociación Unificada da Garda Civil, Óscar Fustes e o secretario da AUGC na Coruña, Diego Madrazo.

19/02/2021.
O secretario xeral de CCOO reuniuse mediante videoconferencia cos representantes da AUGC

O secretario xeral de CCOO reuniuse mediante videoconferencia cos representantes da AUGC

Os representantes da AUGC informaron da «involución de dereitos» que padecen os traballadores e traballadoras da Garda Civil. Segundo explicaron, especialmente grave sería a cuestión do dereito de representación, que se vería prexudicado se continúa nos termos en que está a normativa reguladora, actualmente en trámite parlamentario.

Ramón Sarmiento compartiu esta preocupación e amosou a solidariedade do sindicato e comprometeuse a trasladar estas «lexítimas demandas» laborais, sociais e económicas ás Administracións cos medios ao seu alcance.

O secretario xeral de CCOO manifestou que «non admitiremos procesos de involución democrática en ningún ámbito, tampouco no da representación das traballadoras e traballadores dos corpos e forzas de seguridade».