Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

CCOO congratúlase pola posta en marcha do primeiro Foro Económico e Social Provincial da Coruña

  • Froito do acordo entre a Deputación, os sindicatos e a CEC

Para CCOO da Coruña é unha moi boa nova a posta en marcha deste Foro Económico e Social Provincial da Coruña, no que o Goberno da Deputación Provincial, sindicatos, empresarios e universidades públicas traballarán na análise da situación económica da provincia e, sobre todo, no deseño de medidas para o relanzamento económico e produtivo. A permanente perda de emprego e tecido industrial agravouse coa pandemia e foi a peor no resto de sectores, como a hostalería e o comercio.

18/02/2021.
En primeiro termo, pola esquerda, Cristóbal González, secretario xeral de CCOO da Coruña

En primeiro termo, pola esquerda, Cristóbal González, secretario xeral de CCOO da Coruña

No acto de constitución participou Cristóbal González, secretario xeral de CCOO da Coruña, para quen este Foro «exemplifica a necesidade do diálogo social para afrontar as situacións de dificultade e os futuros retos, co obxectivo de avanzar na mellora das condicións de vida e traballo na nosa provincia». Segundo o responsable sindical, «a permanente desindustrialización e a precarización do emprego creado, xunto cos gravísimos efectos da pandemia obrígannos a todos, Administracións, sindicatos e patronais, a traballar en consensos que garantan o escudo social e económico imprescindible para as traballadoras e traballadores e para a actividade das empresas».

Na constitución do Foro tamén representou a CCOO Nuria Fernández, secretaria xeral de CCOO Industria de Ferrol, que xa puxo enriba da mesa a situación das principais industrias da comarca de Ferrol, como a da central de Endesa nas Pontes e de Gamesa nas Somozas, que precisan de decisións urxentes dende todos os ámbitos competentes.