Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O comité de Frigolouro convoca paros para os días 17 e 22 de febreiro

    O comité de empresa de Frigolouro, formado por CCOO, SITF, UGT e CIG, anuncia paros os días 17 e 22 de febreiro, de 14:00 a 15:30 horas, para esixir «un pacto de empresa digno». Haberá, así mesmo, concentración na portaría.

    16/02/2021.
    Instalacións de Frigolouro, no Porriño | Foto: Google

    Instalacións de Frigolouro, no Porriño | Foto: Google

    Segundo o comité, hai máis de dous anos que a empresa «quedou unilateralmente» cunha media de quince minutos de descanso do persoal en virtude dun antigo pacto.

    Quíxose corrixir a situación abrindo unha nova negociación, pero «dilátase no tempo» sen que haxa case avances. «Non podemos consentir que esta situación continúe indefinidamente», advirten desde comité de empresa.

    A representación legal dos traballadores e das traballadoras agarda que esta primeira fase de concentracións «faga recapacitar» a dirección e se chegue a acordo por un pacto «digno».